A Illa acolle a estrea teatral de Memorias dun Neno Labrego

memoria100.jpgA ILLA> O libro de Xosé Neira Vilas, Memorias dun neno labrego será levado por primeira vez a escea esta fin de semana. Esta peza teatral…

{flowplayer}images/salnes/teatro_illa_25102010.flv{/flowplayer}

… será interpretada por Cándido Pazó da Compañía Abrapalabra Creacións no Auditorio da Illa, o vindeiro sábado ás nove da noite. Este monólogo contará cunha música e iluminación especialmente creadas para a mesma, amais dunha videocreación que acompañará ós textos, xa de por si aderezados con notas de humor.

A Illa será o lugar escollido para esta primeira actuación e nos vindeiros días tamén dunha nova sesión no Instituto da Illa, a onde asistirá Xosé Neira Vilas, o propio autor do libro que arestora cumpre o 50 anos da súa publicación.

Tamén haberá teatro este venres en Vilagarcía. A Compañía os Monicreques de Kukas estreará no Auditorio a obra Andainas dun Monicreque na que se mesturan o traballo dos actores ca animación dos monifates. Será ás nove da noite e a entrada é de balde.

Redacción Salnés