Somos considera falta de respecto a Cambados e as adegas do Salnés que a Ruta do Viño Rías Baixas celebre a súa asemblea en Pontevedra

CAMBADOS> Somos Cambados mostra o seu malestar pola celebración en Pontevedra da Asemblea da ruta do viño Rías Baixas. Dende a formación reivindican que os encontros da asociación deberían ter lugar en Cambados, vila na que teñen a súa sede. Ademais consideran que os traslados a Pontevedra da Ruta e do Consello Regulador da DO son unha falta de respecto para Cambados, as Rías Baixas e os sector adegueiro.

Tras recibir o premio en Fitur á mellor ruta do viño de España, a vindeira asemblea da ruta do viño rías baixas realizarase rodeada de polémica. Dende Somos Cambados mostran o seu malestar porque a asociación traslade a súa reunión ao concello de Pontevedra.

Dende Somos non entenden porqué a reunión non ten lugar na súa sede de Cambados.

A reunión en Pontevedra non é a única que causa malestar en Somos Cambados. A formación tamén pide o regreso da sede do Consellro Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas ao Salnés.

A formación considera que os traslados a Pontevedra son unha falta de respecto a Cambados, ao Salnés e ás adegas da comarca.

Somos Cambados xa levou a pleno de varios concellos e da mancomunidade do Salnés a demanda de que o Consello Regulador volva a Cambados. E a pesar de que o consello regulador ten un acordo ata 2033 para seguir en Pontevedra,  Somos agarda que se comece a traballar o máis axiña posible no regreso da sede do Consello Regulador, trala finalización do acordo.