Ravella e Ecovidro implantan un programa para fomentar a reciclaxe de vidro no verán

    VILAGARCÍA> Ecovidro escolle Vilagarcía para implantar un programa especial de reciclaxe de vidro. Nesta campaña, a entidade centrarase en fomentar esta opción entre a hostalería, especialmente no verán. A capital arousá forma parte das 59 localidades costeiras españolas escollidas por Ecovidro e é, xunto a Sanxenxo, a única en Galicia que participará no programa.

     

    Durante os meses de verán, en Vilagarcía traballarase de xeito especial para fomentar a reciclaxe de vidro.

    Entre as 59 localidades escollidas por Ecovidro en toda España, Vilagarcía e Sanxenxo serán as únicas galegas que participen neste programa. Da capital arousá, serán 25 os establecementos que formen parte desta iniciativa, que conta con tres eixos: a instalación de máis colectores, a posta a disposición de persoal propio da entidade para apoiar o labor dos locais e unha campaña de incentivos para propietarios, empregados e clientes.

    Na actualidade, os vilagarciáns reciclan ao redor de 515 toneladas de vidro ao ano, 13,2 kilos por habitante. Segundo Ecovidro, a cifra está por debaixo da media, por iso buscan mellorala con esta campaña que remata o 15 de setembro.

    Dende o concello agradeceron tamén a colaboración de Ecovidro, e comprometéronse a pór en marcha campañas para fomentar a reciclaxe, sobre todo entre os máis pequenos.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/08/campana_lixo_villa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/08/campana_lixo_villa.mp4{/flowplayer}