VILAGARCÍA> A mancha, de preto de medio quilómetro, foi detectada onte pola mañá por unha mariscadora. Arestora xa está limpa.
{flowplayer}images/salnes/vertidopraiaconcha.flv{/flowplayer}
Unha mariscadora da zona alertou da existencia do vertido: unha mancha de medio quilómetro que chegaba ao areal da Praia da Concha. Era a mañá de onte e axiña se puxo en marcha un despregamento de medios para acabar ca mancha de fuel. Policía Local, Salvamento Marítimo e o Servizo Municipal de Emerxencias participaban na limpeza do vertido.
A Garda Civil xa está investigando o suceso pero as sospeitas levan a pensar que se trata do baleirado de sentinas dalgún barco. Esta mañá a Praia aparecía coma sempre, non había cheiro a fuel nin manchas na veira. Nada, ningún resto do vertido alteraba o estado da praia vilagarciá. A primeira preocupación para todos, é o xeito en que pode afectar a existencia de gasóleo na mar, aos viveiros de marisco recentemente sementado.
Esta maña as mariscadoras facían o seu traballo na praia e todas insisten en que non hai gota de chapapote que afectara ao marisco. De feito, algunhas nin sabían que houbera un vertido de fuel o día anterior.
Redacción Salnés