Cambados inaugura no Pazo Torrado a exposición sobre os estaleiros ‘Pantoque Vía 4’

CAMBADOS> Cambados inaugura no Pazo Torrado a exposición Pantoque vía 4 . Unha mostra composta por 15 obras dos artistas Ramón Trigo e Eduardo Armada. Os creadores presentan a súa visión dos estaleiros a través de cadros, fotografías e unha peza audiovisual.

O concello de Cambados inaugurou no Pazo Torrado a exposición Pantoque vía 4. Unha mostra dos artistas Ramón Trigo e Eduardo Armada na que presentan coas súas obras o día a día nun estaleiro.

A exposición está percorrendo diferentes concellos da comunidade promovida polo proxecto Rema. Un programa financiado polo FEMP e colaboración dos Galp co obxectivo de desenvolver unha actividade turística creativa  e adaptada á nova realidade.

Co proxecto tamén colabora a Xunta de Galicia. Dende a consellería do mar destacan a posta en valor do sector a través da arte.

A exposición está composta por 15 obras dos artistas Ramón Trigo e Eduardo Armada. O primeiro deles presenta as súas creacións plásticas. Unha das súas obras creada no propio momento da inauguración.

O artista Eduardo Armada plasmou os estaleiros a través das súas fotografías e pezas audiovisuais.

A exposición complétase con esculturas creadas dos materiais sobrantes do estaleiro. A mostra estará dispoñible no Pazo Torrado ata o vindeiro 8 de agosto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí