LOUSAME> O decreto sobre a área de xestión integrada no Barbanza segue a ser motivo de desencontro entre goberno e oposición.
{flowplayer}barbanza/psoelousame.flv{/flowplayer}
A pasada semana, o alcalde de Lousame e o propio xefe do servizo de atención primaria do SERGAS aclaraban que este decreto tan só supón unha ampliación da oferta sanitaria para os veciños de Lousame que a partir de agora poderán elixir entre o hospital do Barbanza e o CHUS para recibir atención especializada.
Dende a agrupación socialista, desminten esta explicación insistindo en que o decreto publicado non establece a liberdade de opcións seón que se refire a que o centro de saúde pasa a depender administrativamente do SERGAS.
Lonxe de crear confusión entre os veciños, dende o PSOE apostan por mellorar a calidade da sanidade pública investindo máis fondos na atención primaria. De aí, que boten en falla unha partida presupostaria para o centro de saúde cuxo mantenemento foi cedido á Xunta hai apenas uns meses.
Redacción Barbanza