O musical Mago de Oz celebra o seu 75 aniversario en Vilagarcía

33

VILAGARCÍA> Será o sábado quince de marzo no Auditorio Municipal. Dorothy, Espanta, o home de hoxalata e León ofrecerán unha tarde de música, maxia e moitas sorpresas para recrear este clásico do cine. As entradas, xa están á venda. Dorothy, unha nena de Kansas, queda atrapada nun virulento tornado que a transporta ó mundo de Oz. Para volver á súa casa terá que buscar ó mago deste misterioso lugar. Así comeza a historia do Mago de Oz, un clásico da historia do cine que este ano fai o seu 75 aniversario. Para celebralo, o musical inspirado na película chegará este mes a Vilagarcía despois de ser visto por máis de medio millón de espectadores en toda España. Será o sábado quince, ás cinco e media da tarde no Auditorio Municipal. Os curiosos que se acheguen a desfrutar deste espectáculo audiovisual poderán gozar dunha tarde de humor, aventuras, música, maxia e moitas sorpresas. Un plan para grandes e pequenos co que admirar un dos musicais máis exitosos dos últimos tempos. As entradas, por certo, xa están á venda. Poden adquirirse en Impenta AGQ, situada na rúa San Roque de Vilagarcía. Os prezos, 10 euros na zona C, 12 na B e 14 euros na zona A. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/05/MAGOOZ.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/05/MUSICAL_MAGO_OZ.mp4{/flowplayer}

COMPARTIR