Na busca de alternativas para evitar restricións de auga

abastecementoaugaportodoson100.jpgPORTO DO SON> O concello está a barallar diversas alternativas para solucionar os problemas de abastecemento de auga.

{flowplayer}barbanza/abastecementoaugaportodoson.flv{/flowplayer}

O incremento de poboación que experimenta Porto do Son durante o verán coa chegada masiva de turistas a algunhas zonas como Portosín soe levar aparellado unha serie de problemas no abastecemento de auga, especialmente naqueles veráns máis secos.

Para evitar que se repitan os problemas de restricións, o concello iniciou as conversas con Augas de Galicia que xa traballa no deseño dun proxecto para mancomunar o servizo da auga que se captaría dende o río Tambre.

Caudal compartido

Por outra banda, co fin de garantir o subministro en varias parroquias, o rexedor local solicitará ó concello de Ribeira compartir a captación do río Sieira que na actualidade ten en exclusiva a capital barbanzá.

No que vai de verán aínda non se teñen rexistrado restricicóns de auga aínda que os veciños e visitantes temen que se repitan os problemas de anos anteriores, con constantes cortes e falla de presión.

Redacción Barbanza