A dirección do BNG frustra unha moción de censura en Muros

negativamocioncensuramuros100.jpgMUROS> Finalmente non haberá moción de censura en Muros para afastar a Caridad González da alcaldía.

{flowplayer}barbanza/negativamocioncensuramuros.flv{/flowplayer}

Caridad González continuará á fronte do goberno muradán. A executiva nacional do BNG frustrou as intencións da agrupación local de iniciar contactos co PP para presentar unha moción de censura.

Na reunión mantida coa voceira municipal, María Xosé Alfonso, a dirección do partido comunicoulle que os edís serían expulsados no caso de seguir adiante coa moción.

Malia todo, a responsable local expuxo as razóns excepcionais que lle levaron plantexar esta vía ante as dificultades de entendemento coa alcaldesa que poñen en risco a gobernabilidade do concello. Coñecedores da situación, os responsables da dirección comprometéronse a involucrarse activamente e mesmo constituír unha comisión de seguimento sobre a política municipal de Muros. Así mesmo, contactarán coa dirección do PSdeG para abrir a porta ó diálogo.

A este respecto, o secretario de organización do PSdeG, Pablo García, sinalou que dende o seu partido faranse tódolos esforzos para manter un goberno de progreso en Muros. Nos mesmos termos pronunciouse a alcaldesa, Caridad González, quen amosou a súa vontade de achegar posturas co BNG.

Críticas

Pola conta, o edil do PP, Miguel Prado, amosouse moi crítico coa postura do BNG ó que acusou de especular publicamente coa presentación dunha moción sen ter nada decidido. Tamén acusou ó PSOE de irresponsabilidade por non garantir un gobernod e estabilidade para o concello.

Precisamente, o achegamento de posturas entre socialistas e nacionalistas podería ter como consecuencia un goberno de coalición conformado polos dous partidos de esquerdas. Unha opción que dende o PSOE vén aínda lonxana a pesar de estar abertos ó diálogo.

Pola súa banda, un pacto co PSOE non entra a día de hoxe nos plans do BNG que aposta por permanecer na oposición fiscalizando rigorosamente a xestión do goberno municipal.

Redacción Barbanza