Lei ‘de pantalla e de costas ós concellos’

ppsobreleilitoral_100_150307.jpgNOIA >  Pilar Rojo e  Alfonso Rueda ofreceron unha charla sobre a lei de medidas urxentes do litoral que pretende aprobar o goberno da Xunta.

Os populares consideran que se trata dunha medida que unicamente busca réditos políticos en lugar de mirar polo interese xeral e, na súa opinión xerará moitos máis problemas dos que tenta solucionar.

Numerosos veciños e representantes políticos de toda a comarca do Barbanza déronse cita na casa da Cultura de Noia para asistir a esta charla, na que os responsables do Partido Popular expuxeron as consecuencias que terá a aplicación do plan de medidas urxentes en materia de ordenación do litoral sobre o desenvolvemento urbanístico dos concellos.

O PPdeG xa presentou unha enmenda á totalidade do plan con devolución do proxecto posto que considera que a medida non ten en conta a realidade urbanísitica de Galicia. Segundo informou a voceira de Urbanismo do Grupo Popular, Pilar Rojo, un informe interno emitido pola Asesoría Xurídica e legal da Xunta destaca a necesidade de corrixir os criterios xeralistas que contempla esta medida sen ter en conta as particularidades de cada concello. Rojo referiuse ademais á falla de consenso social con que foi elaborado este plan, baseada no informe negativo do Consello Económico e Social.

Para os populares é inadmisible se estableza esta prohición cautelar nun prazo de tres anos dado que o departamente de Urbanismo xa tería que ter rematado o plan de ordenación despois de 19 meses do goberno.

Despois desta primeira xuntanza en Noia, O PP seguirá a convocar actos informativos en tódolos concellos do litoral para informar ós veciños da entrada en vigor desta lei. Segundo o secretario xeral do PP galego, a Xunta de Galicia non tivo en conta nin ás administracións locais niun ós cidadáns, a pesar de que serán os principais afectados polo paquete de medidas.

Os populares comparten co resto dos grupos políticos a necesidade de buscar un desenvolvemento razoable e ordeado pero ‘non a costa da paralización de tódolos concellos costeiros’. Critican ademais a falta de coherencia do goberno da Xunta que ‘a pesar de deseñar unha medida xeral tenta agora introducir enmendas para excepcionalizar ás illas da afección dos cincocentos metros’.

Redacción Barbanza