O Parque da Barosa será realidade a partires de abril

    foto_touris_obras_barosa copia.jpgBARRO>  Alcalde e delegado da Xunta en Pontevedra presentan o novo proxecto para o parque e visitan a zona na que se realizarán as obras.

    {flowplayer}images/salnes/touris_obras_barosa.flv{/flowplayer}

    Tras catro anos de espera, A Barosa ten un replanteamento das obras. Un novo proxecto fará realidade, a partires de abril, o Parque deste belo entorno. O alcalde ledo, proxecto en man, comparou a súa loita para lograr estas obras, cun embarazo de “embrión aletargado” e non morto, polo que o embarazo, dixo, segue adiante para chegar a término.

    Este novo proxecto, recolle as alegacións dos veciños, conta cun presuposto duns setecentos cincuenta mil euros aproximadamente e está previsto que as obras rematen en abril do ano que ven.

    Tanto Busquets, encargado do proxecto, coma o propio alcalde, esperan que ao mais tardar no verán, xa estea feito o parque.

    Segundo Cores Tourís, a persistencia do alcalde fixo posible este replanteamento nas obras, unha loita de Landín de seis anos atrás.

    Farase unha actuación nunha explanada de trinta e dous mil metros cadrados, recheo de terras, dous aparcadoiros. Deixarán espazo dotacional con varias posibilidades nun futuro, por exemplo, crear un centro de interpretación da natureza. Trátase de potenciar o roteiro dos Muíños e mellorar o entorno, conservando o río. En palabras de Alberto Busquets: “o paraíso, non se tocará”

    Redacción Salnés.