O BNG de Ribeira esixe medidas contra a última vaga de roubos

RIBEIRA> O BNG faise eco do malestar dos comerciantes e veciños en xeral ante a última vaga de roubos. Os nacionalistas pídenlle ó equipo de goberno que actúe e non permaneza de brazos cruzados ante esta situación e busque unha solución urxente ó problema.

A vaga de roubos que dende hai varias semanas asola Ribeira, non só en establecementos comerciais e hostaleiros, senón tamén en vivendas, está a xerar certa alarma social entre os empresarios e tamén na veciñanza. Ante esta situación, o BNG da localidade pídelle ó equipo de goberno que reforce as medidas de seguridade para tratar de atallar esta situación e que non vaia a máis. Propoñen a adopción dunha serie de medidas, como a convocatoria da xunta de seguridade local. Tamén demandan a necesidade de incrementar a presenza das forzas de seguridade nas rúas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí