RIBEIRA> A Policía Local de Ribeira iniciou hoxe unha campaña de calmado de tráfico en zonas especialmente sensibles. Ademais da contorna dos centros escolares, realizarán controis de velocidade en distintas estradas de todo o termo municipal.
O concello de Ribeira vén de poñer en marcha unha campaña de calmado de tráfico cun triplo obxectivo.
Dende hoxe, a policía local está a realizar controis de velocidade en zonas especialmente sensibles como a contorna dos centros educativos, onde o límite é de 30 kms por hora, así como en estradas dalgunhas parroquias onde os veciños denuncian frecuentes excesos de velocidade.
Unha vez rematada a campaña o concello informará do número de vehículos controlados e sancións impostas.











