BARBANZA> A pesar de que a actividade se mantén con normalidade, con contadas excepcións como é o caso da confraría noiesa, o sector ve un futuro incerto debido á baixada de prezos derivada do peche de bares e restaurantes, os seus principais clientes.
Durante este tempo as confrarías extreman ó máximo as precaucións, seguindo o protocolo de servizos esencias e recomendacións remitido pola consellería do Mar para garantir a actividade pesqueira fronte ó coronavirus en tódalas súas instalacións.
Dende o sector temen que a situación se alongue no tempo o que agudizaría aínda máis o problema. Ó plano sanitario engadiríaselle tamén unha nova dificultade, neste caso o económico.