SALNÉS> Trala disputa da séptima xornada, os xogadores sub-12 do CX Fontecarmoa continúan a asinar unha gran actuación de Kaikidiki (Grecia).
En Grecia estase a disputar dende hai días o Mundial de xadrez para categorías inferiores, na localidade de Halkidiki . Nel participan dous xogadores do CX Fontecarmoa de Vilagarcía, Julio Suárez e Juan Andrés Bayón que arestora son os mellores españoles clasificados en sub-12.
Na última xornada disputada Juan Andrés asinou táboas co campión nacional, o catalán Ferrán Cervelló. Por outra banda, Julio Suárez demostrou unha clara superioridade sobre o seu último rival, o kazajo Artur Zhakypov, ó que non deu ningunha opción.
Tras este séptimo partido Julio Suárez continúa de primeiro español no posto 87 e enfrontarase ó longo do día de hoxe co letón Olegs. Mentres, Juan Andrés Bayón, con medio punto menos, sitúase no posto 116. O seu vindeiro rival será o belga Hendrik.
Redacción Salnés