A LGT preséntase por todo alto en Sanxenxo

SANXENXO> Esta fin de semana foi presentada a Liga Galega de Traíñas. O acto tivo lugar no porto deportivo de Sanxenxo onde se deron cita numerosas autoridades e tódolos participantes da novidosa competición deste ano, que por primeira vez estará rexida por dúas divisións.

{flowplayer}images/salnes/trainas_110612.flv{/flowplayer} 

Posta de longo para a Liga Galega de Traíñas no Porto Deportivo Juan Carlos I, nun dos actos máis espectaculares que se lembran. Tódolos equipos trasladáronse ata Sanxenxo, onde tamén se deron cita numerosas autoridades. O acto estivo dirixido polo xornalista Terio Carrera. A primeira en tomar a palabra foi a alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, satisfeita porque a liga sexa presentada e tamén arranque, no municipio que rexe.

O discruso máis agardado era o do presidente da liga, Diego Portela, que resaltou o traballo feito pola directiva durante este inverno para que esta competición siga medrando. Asimesmo Portela anunciou que se segue a traballar por manter a Liga Femenina, aínda que non é seguro que este ano poida disputarse.

O Presidente de Portos de Galicia, Jose Juan Durán, e o Secretareio Xeral para o Deporte da Xunta exerceron de mans inocentes nos sorteos das quendas para as primeiras regatas.

Como novidade presentáronse os maillots que lucirán os líderes de cada competición: azul e branco os da Liga A, e amarelo o líder da B, levando un maillot fucsia o que sexa vencedor da última regata.

Entremedias foron pasando ó escenario os protagonistas, os deportistas. Entre eles Mecos, Puebla e Rianxo, que participarán na segunda división e Vilaxoán, Cabo e Amegrove que faranno na primeira. De momento ningén quere mollarse. Todos son cautos cos pronósticos.

Redacción Salnés