Vilalonga e Céltiga non fixeron méritos para gañar

vilalonga250_300309.jpgSALNÉS> Tanto Céltiga como Vilalonga caeron esta fin de semana. Os da Illa foron goleados (4-0) no Couto mentres que os de Gabi Leis perderon unha boa oportunidade para achegarse á permanencia matemática tras caer co Rápido.

{flowplayer}images/salnes/vilalonga_300309.flv{/flowplayer} 

Non tivo o seu mellor día o Vilalonga. Partido moi discretiño dos de Gabi Leis que aínda así estiveron a piques de sumar un punto. Foi un encontro de moita loita e poucas ocasións.

Os celestes prácticamente renunciaron ó xogo combinativo e limitáronse a lanzar balóns en logo, buscando a velocidade de Saúl ou a cabeza de Machu. Pero non funcionou ante un Rápido de Bouzas moi ben armado e necesitado dos puntos na súa loita pola permanencia.

Sen dúbida o gran protagonista do encontro foi Víctor. O centrocampista porriñés criado na canteira do Barça, demostrou a clase de futbolista que é en dúas accións repletas de calidade. Primeiro avisou e lanzou ó longueiro. Despois, nunha falta a 25 metros da portería mandou o balóns á escadra e os puntos a Vigo (0-1). Era o minuto 88 e o Vilalonga xa non tivo marxe para intentar a remontada. Continúan en metade de táboa, con 37 puntos a oito do descenso; visitará a semana que ven ó Coruxo.

Cos mesmos puntos camiña o Céltiga que sumou a súa quinta derrota nos últimos seis partidos,a cuarta consecutiva.

Resultado previsible (4-0), tanto polo potencial do Ourense como polas numerosas e importantes baixas coas que acudía ó encontro. O dianteiro local Martín asinou un hat-trick que deixou o partido sentenciado ós oito minutos da segunda metade co 3-0.

Unha derrota da que se poden sacar poucas conclusións pero que serve para pechar co grupo de partidos exixentes que tivo o equipo de Abalde contra os da parte alta. Agora xogarán dous partidos seguidos na casa, contra Somozas e Verín, asequibles a priori para sacar uns puntos que servan para atar a permanencia.

Redacción Salnés