Uns douscentos corredores tomarán parte este domingo no Trail de Outes

OUTES> Hai uns días tiña lugar a presentación oficial do Trail de Outes, a segunda proba do circuito  Arousa Revolutrion Trail Series.

A proba terá lugar este vindeiro domingo, con saída dende Pontenafonso ás dez e media da mañá.

Haberá dous percorridos, un longo de 21 quilómetros e outro máis curto de 15.

Outras das novidades, ademais das dúas distancias, á que se suma tamén unha andaina para aquelas persoas que queiran facer o percorrido pero dun xeito non competitivo,  será o cambio do trazado, que combinará zonas de mar e montaña.

Dende o Concello destacaron a importancia deste tipo de probas, que ademais do fomento da actividade deportiva axuda tamén a promocionar turísticamente o municipio..

A organización da proba confía en reunir a máis de 200 corredores. Para máis información os interesados poden consultar a web www.trailseries.run ou www.arousa.com.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí