Rubiáns, Matosinhos e traballadores de Baygar toman o pleno

    PLENO VILLA copia.jpgVILAGARCÍA> Solucións ás obras da Praza do Souto, ás inundacións ou unha protesta laboral protagonizaron a sesión plenaria.

    {flowplayer}images/salnes/PLENO_VILLA_web.flv{/flowplayer}

    Os cidadáns de Vilagarcía foron hoxe máis ca nunca os protagonistas da sesión plenaria. Na orde do día, en principio, só estaba contemplado o debate dunha moción de Esquerda Unida na que esixían a Ravella unha solución ás inundacións na avenida de Matosinhos. Sentados como público, os veciños do barrio. A moción aprobouse por unanimidade sen necesidade de sometela a votación, coas enmendas de IVIL e Partido Popular para que as obras se realicen con cargo a partidas remanentes ou no seu defecto, ó proxecto de Luz Salgada, pois se agardan a cubrilas cos orzamentos do 2011 como propoñía Esquerda Unida, non se farán, cando menos esta foi a argumentación do PP.

    Ós de Matosinhos tomaron o relevo os veciños de Rubiáns. Colaron o proxecto da praza do Souto no orde do día. Tomou a palabra o presidente da asociación de veciños, Xurxo Abuín. Repasou a peregrinación de dous anos de desavenencias co goberno local para concluír que estaba desilusionado. A súa proposta aprobaríase coma ocorreu coa de Matosinhos, pero logo, asegura, quedará no aire.

    A reunión chave

    A Abuín contestoulle o outro Abuín ludido, Marcelido, edil de Xestión do Territorio. O concelleiro corrixiu ó presidente da Asociación de Ruviáns. Para el hai unha reunión chave que esqueceu; a do 29 de xuño. Nesa xuntanza, segundo o concelleiro, estiveron presentes técnicos do concello, enxeñeiro municipal e o propio Xurxo Abuín máis el. No encontro acordarían o proxecto que se está a executar.

    A discrepancia nas obras vén polo talud que os veciños piden para dividir a praza en dous niveis. O edil insiste en que son motivos técnicos os que impiden realizalo.

    Finalmente a petición dos veciños de que o proxecto se modifique axustándoo ás súas demandas foi aprobado polos votos favorables de BNG, IVIL, PP e Esquerda Unida. O PSOE abstívose. A alcaldesa Dolores García argumentou que o facían porque queren tartar o tema a vindeira semana cos veciños e persoal técnico especializado. Só houbo unha voz discordante nas filas socialistas, a do concelleiro, que non emitiu voto por suscribir a postura dos veciños pero non ir en contra do seu grupo.

    Pero a sesión non remataba aquí. Para culminar o primeiro tramo deste pleno, os traballadores da empresa Baygar, que se están a mobilizar estes días en contra dun Expediente de Regulación de Emprego, tomaron por sorpresa o salón de plenos ó berros de ‘non ós despidos, queremos traballar’.

    Redacción Salnés