CAMBADOS > Os funcionarios dos xulgados de Vilagarcía e Cambados non dan a basto. O aumento de casos debido a suba da poboación, fixo que o persoal quedara escaso. Agora son os propios traballadores os que demandan reforzos para sacar todo o traballo acumulado adiante.
A xunta de persoal dos xulgados de Pontevedra reivindican máis funcionarios para Vilagarcía e Cambados xa que os traballos que desenvolven están dende fai tempo moi atrasados. Esta demanda leva facéndose dende fai anos e esperan que dende o goberno se atenda as súas peticións.
Redacción Salnés