VILAGARCIA> Os veciños de Guillán volven protestar tras unha nova riada provocada polas obras de desmonte dun terreo próximo as vivendas. Os habitantes da zona denuncia que o propietario non ten licencia para realizar os traballos nin toma medidas para evitar as riadas. Piden as administracións que tomen todas as medidas para que o terreo cumpra coa legalidade.
Dende hai meses, coas chuvias intensas, os veciños da rúa da torre de Guillán sofren inundacións provocadas polas fortes riadas que baixan do monte. Como xa denunciaron os habitantes, as obras de desmonte dun terreo son as culpables desta situación. Esta fin de semana, os veciños volveron a espertar cos baixos e o río cubertos de auga e barro.
Os veciños denuncian que a obra non ten autorización.
A denuncia chegou ao parlamento galego por parte do BNG. Tamén os populares de Vilagarcía consultaron a situación do terreo. Segundo informan, a obra non conta coas licenzas necesarias e piden ao concello que tome medidas. Os veciños esixen que se cumpra a legalidade.
Os veciños xa denunciaron a situación nos tribunais competentes. Continuarán mobilizándose ata que os terreos cumpran coa legalidade e deixen de causar molestias a toda a vila.