O pleno apoia o uso público do antigo sanatorio da Lanzada

    plenogrove copia100.jpgO GROVE> A corporación pedirá á Xunta que manteña a partida de máis de 2 millóns de euros para a construción do centro de saúde.

    {flowplayer}images/salnes/LANZADA_PLENO_GROVE.flv{/flowplayer}

    O concello do Grove remitirá en breve ó presidente da Deputación pontevedresa, Rafael Louzán, e ós deputados provinciais, un documento no que se lles solicita o abandono do proxecto de construción da Pousada nos antigos terreos do Sanatorio da Lanzada. A proposta, enunciada polo nacionalista Antón Mascato, contou co respaldo do PSOE local e o Partido Galeguista. O Partido Popular abstívose. O seu voceiro solicitou votar por apartados a moción, xa que había un punto co que non estaba de acordo.

    Na mesma liña se posicionou Alternativa Meca, que tamén se abstivo na votación. Entre os grupos que a sacaron adiante repetíronse os argumentos: O Grove non precisa un novo hotel porque a oferta está máis que cuberta.

    O PP, facendo unha pirueta no seu discurso, recorreu por enésima vez a reclamar a falta do PXOM no Grove para intentar xustificar os seus argumentos.

    O alcalde meco rematou puntualizando que solicitou ata en doce ocasións reunirse co presidente da Deputación para tratar este e outros asuntos e aínda non recibiu resposta.

    Acordo para o centro de saúde

    {flowplayer}images/salnes/CENTRO_SAUDE_PLENO_GROVE.flv{/flowplayer}

    Outra das mocións polémicas incluídas na orde do día deste pleno trataba sobre o futuro centro de saúde. Neste caso tódolos grupos da corporación acordaron solicitar á Xunta que manteña a partida de máis de dous millóns de euros consignada nos orzamentos do 2010 para levantar o ambulatorio.

    O grupo de goberno meco teme que, de non licitarse o proxecto do centro de saúde antes de fin de ano, esfumarase a partida de dous millóns 200 mil euros prevista nos orzamentos autonómicos do actual exercicio. Por iso pediron o apoio da corporación para instar ó goberno autonómico a que os manteña tanto nesta anualidade como na do 2011, esto a petición do grupo popular. Desde o executivo local apuntaron a que a tramitación para levar a cabo o ambulatorio estaba moi adiantada ata a chegada de Alberto Núñez Feijoo á Xunta. Só quedaba adxudicar a redacción do proxecto,e de súpeto anulouse.

    Cacabelos suxeriu que parte dos atrasos na tramitación desta obra viñan pola intervención na sombra do voceiro do partido popular local.

    Tamén Alternativa Meca responsabilizou ó goberno local dos retrasos na tramitación do centro de saúde por falta de xestión política do alcalde.

    Finalmente a moción saíu adiante co apoio de tódolos grupos da corporación.

    Redacción Salnés