Cabazas, pantasmas e vampiros para celebrar o Samaín

    samain_sanxenxo copia.jpgSANXENXO> A gardería O Tombo festexa por adiantado o Día de Todos os Santos con obradoiros, bailes e contacontos.

    {flowplayer}images/salnes/SAMAIN_GARDERIA_TOMBO.flv{/flowplayer}

    Meigas, cabazas, pantasmas e vampiros, substituíron ós máis pequenos de Sanxenxo na gardería O Tombo. A escola decidiu celebrar hoxe por adiantado o Samaín, a festa que precede o Día de Todos os Santos, con varias actividades centradas no terror para o público máis infantil da vila.

    Este ano, a capa e os dentes afiados foron o uniforme indispensable para poder participar na festa da gardería. Pero non é a primeira vez que os nenos desta escola infantil participan do Samaín, ó que cada ano adican unha ambientación diferente. Todas as actividades estiveron animadas polos educadores, que procuraron que participasen cada un dos preto de 40 pequenos que se atopaban esta mañá na gardería. A edición do 2010 pareceu ter unha boa acollida.

    Sustos, choros, pero tamén risas acompañaron esta peculiar celebración do Samaín que despois dos obradoiros, continuou con moita marcha.

    Redacción Salnés