A Deputación investirá 7 millóns de euros en estradas de Sanxenxo

    reunionlouzancatalina_100_03.04.07.jpgSANXENXO > A alcaldesa e o presidente da Deputación de Pontevedra acordaron asinar dous convenios por un importe de 7 millóns de euros.

    O acordo, adoptado no curso dunha xuntanza mantida hoxe no Pazo Provincial entre os dous mandatarios, afecta en primeiro lugar á estrada provincial 9201 Sanxenxo-Padriñán, a denominada estrada de Samieira, á que se destinan 5 millóns de euros. Nesta estrada, farase unha mellora do seu trazado e nova capa de rodadura e dotarase de tódolos servizos. Os traballos teñen un presuposto de 5 millóns de euros que serán financiados ó 60% pola Deputación (3 millóns) e no 40% a cargo do concello (2 millóns).

    Rúa Sanxenxo

    A segunda estrada na que se vai a actuar con unha inversión de 2 millóns de euros, será a Rúa Sanxenxo, EP 9203 Padriñán-Laxe. As obras serán financiadas ó 50% entre ambas institucións e unha vez dotada a vía de tódolos servizos pasará a ser unha vía urbán, de titularidade municipal. Louzán asegurou que os proxectos dos devanditos traballos xa están elaborados e que os respectivos convenios serán aprobados no vindeiro pleno da corporación provincial.

    Pola súa banda, a alcaldesa agradeceu a colaboración da Deputación baseándose na necesidade de ‘ter vías alternativas á estrada da costa que tantos atascos e problemas causa sobre todo no verán’.

    Redacción Salnés