VILANOVA> O Centro de Desenvolvemento Local de Vilanova conmemora o seu décimo aniversario. O conselleiro de emprego encabezou hoxe a clausura do programa de actividades que se desenvolveron nas instalación de Vista Real con motivo desta década de apoio ao emprego e o emprendemento. Por aquí pasaron nos últimos anos milleiros de persoas para recibir asesoramento e organizáronse centos de iniciativas formativas.
O Pazo de Vista Real, en Vilanova, pasou de ser un emblema do narcotráfico en Arousa a unha referencia no eido do apoio ao emprego. O concello adquiriuno no 2010 e dende hai 10 anos, entre outros usos, é a sede do Centro de Desenvolvemento Local de Vilanova. Un espazo de apoio ao emprego e ao emprendemento, polo que nesta década pasaron milleiros de persoas. Esta mañá tivo lugar a clausura do programa de actividades que se organizaron con motivo deste aniversario. O alcalde salientou que o seu éxito está en dar resposta ás necesidades das persoas que acudan buscando axuda.
A clausura estivo encabezada polo Conselleiro de Emprego e Comercio. José González puxo en valor o traballo que aquí se vén desenvolvendo, co apoio da Xunta. De feito, moitas das accións formativas que aquí se desenvolve están impulsadas polo goberno galego.
Tamén aquí en Vista Real está operativo dende hai un ano un dos 15 Polos de Emprendemento repartidos por Galicia. Xa se atenderon uns 250 proxectos e a intención da Xunta é que cada un destes centros se especialice.
E na liña de seguir concentrando esforzos, o conselleiro avanzou que aquí se porá en marcha unha aceleradora de economía social.











