A lonxa de Portonovo convértese nunha escola

    SANXENXO> A remodelada praza de Portonovo comeza a encher de contidos as súas dependencias, máis aló da tradicional sala de subhastas. Grazas ás novas e modernas dependencias os escolares poderán achegarse a esta rula a aprender como vive a xente do mar das Rías Baixas.

    Lonxaescola abre as súas portas. Trátase dun proxecto formativo para escolares que terá lugar na remodelada lonxa de Portonovo. Grazas á moderna infraestructura desta rula, os pequenos estudiantes poderán achegarse a este espazo a aprender como vive a xente do mar en primeira liña. Antes destas visitas guiadas de escolares á lonxa, o proxecto comeza nas aulas. Aquí achegarán información complementaria e prepararán ós nenos e nenas para que asimilen o que se lles vai a contar xa na propia lonxa. Así inténtase que os máis cativos da casa non esquezan a tradición mariñeira do seu pobo, que aínda hoxe segue a dar de comer a milleiros de familias. O prazo está aberto para todos aqueles colexios da comarca de Pontevedra que poidan estar interesados nestas visitas, aínda que terán prioridade os do Concello de Sanxenxo, por ser este o lugar onde se encontra a nova lonxa.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/16/lonxaescola.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/16/proxecto_lonxa_escola.mp4{/flowplayer}