Partido vital para un Viajes Interrías en apuros

SALNÉS> Os portonoveses, en situación crítica na xeral, buscan remontar o vóo ante un rival de renome como o Muebles Caloto. O Grupo Junquera xogará na Estrada ante o Pastelería Mimela. Repasamos tamén como se presenta a xornada no balonmán.

Gañar sí ou sí. No Viajes Interrías non se pensa noutra cousa máis que na victoria. O mal inicio de campaña condénalles ó penúltimo posto da xeral e a salvación este ano vai estar dobremente cara, polo que élles preciso reaccionar de contado.

O seu rival de mañá (18:00 horas, Baltar)  é o Muebles Caloto, un conxunto de metade de táboa ó que coñecen ben pero que históricamente se lles dá mal. Ramiro López poderá contar con tódolos seus homes agás con Marsillas, que continúa lesionado.

O clima é ben distinto en Vilagarcía, onde o Grupo Junquera continúa a súa remontada ata o grupo cabeceiro. Mañá deberán enfrontarse ó Pastelería Mimela (18:00 horas), un conxunto que viaxa no vagón intermedio e que chegará con ansias de triunfo logo de ter encaixado sete goles a semana pasada. Rodrigo Feijóo conta con tódolos seus efectivos para este encontro.

No balonmán, un Rasoeiro en plena xeira positiva de resultados visita o Pavillón Municipal do Rosal, onde mañá a partires das 18:00 horas enfróntase ó Atlético Novás. Rival complicado para os de Óscar Arosa, non en van é segundo na xeral con catro victorias en seis partidos, aínda que os grovenses non descartan dar a sorpresa.

Na Copa Federación o Decubal Meaño busca darlle continuidade á súa inmaculada traxectoria ante a SAR de Redondela, o único equipo xunto co Pabellón de Ourense que é quen de seguirlle o ritmo. Con todo os de Pedro Pérez parten como favoritos para sumar a oitava victoria e oito partidos.  O partido dispútase ás 18:30 horas no pavillón de Coirón.

Redacción Salnés