![]()
VILAGARCIA> A Asociación Comercial Zona Aberta compareceu esta tarde para amosar a súa preocupación pola crecente vaga de roubos que se …
{flowplayer}images/salnes/zona_aberta_roubos.flv{/flowplayer}
…está producindo nos últimos meses neste Concello. No que vai de ano foron asaltados case 30 establecementos nos que, amais de ter que lamentar a contía do roubado, os empresarios tiveron que poñer do seu peto para arranxar os desperfectos.
O seguro só lles cubre o prezo que figura nos albaráns de compra sen IVA; non lles repón nin os cartos en efectivo nin outro tipo de especificidades. Todo isto fai que os ánimos estean máis que caldeados no sector comercial vilagarcián.
Declaracións como as que se oíron estes días de membros de seguridade de que a situación non ía a mellorar pola súa parte posto que a plantilla está desmotivada logo dos últimos recortes salariais fan devecer aínda máis a estes comerciantes.
Entre eles a pregunta que mais se repite é quen será o próximo? Para atallar esta situación de intranquilidade piden medidas efectivas inminentes. Entre os comerciantes mesmo hai quen hai quen acusa ós corpos de seguridade de inactividade e deixadez das súas funcións, o que reflicte, ás claras o estado de intranquilidade no que se encontran.
Redacción Salnés







