Fomento destinará 5 millóns de euros á recuperación dos castros

    RIBADUMIA> O Ministerio de Fomento vai a destinar 5 millons de euros nos vindeiros catro anos para o plan de recuperación e posta en valor dos xacementos galaico romanos da Provincia de Pontevedra que impulsa o ente provincial. Entre eles figura o xacemento do Monte do Castro de Ribadumia, onde se están a encontrár achádegos sen parangón en toda España.

    O Ministerio de Fomento do Goberno Central vai a investir 5 millóns de euros na recuperación de xacementos galaico-romanos na provincia de Pontevedra, orixinados entre os séculos V antes de Cristo e V da nosa era. Unha achega que se fará en catro anualidades. Este orzamento repartirase entre dúas decenas de xacementos da Provincia de Pontevedra, entre eles o de Monte do Castro, en Ribadumia, no que arestora traballan unha vintena de operarios. Neste Monte de Castro estase a consolidar e restaurar unha superficie de seis mil metros cadrados, nos que xa se atoparon achádegos ben singulares.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/05/covas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/05/montedocastroribadumia.mp4{/flowplayer }