“Unha esmoliña para os defuntiños que xa van aló”

    A ILLA> “Vimos pedir polos defuntiños que xa van alá”. Esta foi a frase máis repetida nas rúas da Illa de Arousa, na que os máis cativos deixaron de ir a clase, para ir pedindo polas portas dos seus veciños a espera de que lles den algo. 

     

    Un protagonismo especial teñen neste día as panaderías da Illa que realizan un pan con formas especiais para os nenos. Nunha delas atopámonos con Susa, unha veciña que recoñece que ela, cando era nova tamén recorría a Illa en busca destes regaliños. 

    Castañas, gusanitos ou piruletas son só algúns dos doces cos que a veciñanza da municipio obsequia aos cativos. 

    Esta tradición está xa tan arraigada na vila que ninguén foi capaz de explicarnos as orixes da mesma. En todo caso non nos negarán que é unha maneira moito máis alegre de recordar aos que xa non están. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/02/defuntos_doces_illa_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/02/defuntos_doces_illa.mp4{/flowplayer}¡