A Protectora de Animais comeza o ciclo de charlas de concienciación

    foto_charlas_protectora_100.jpgCAMBADOS> O habitual ciclo de charlas da Asociación Protectora de Animais de Cambados, dou comezo esta mañá no Instituto Asorey.

    {flowplayer}images/salnes/charlas_protectora_animais.flv{/flowplayer} 

    Colexios e institutos (hoxe o Asorey), recibirán á presidenta da Protectora acompañada por un dos inquilinos do albergue de animais, unha cadela chamada Bella.

    Concienciar á xuventude sobre a importancia da esterilización, a adopción e o non abandono, é o obxectivo principal do acto. Para iso, a presidenta da Protectora de Animais de Cambados comentará as súas experiencias cos rapaces proxectará fotos e vídeos, e presentará a súa acompañante, unha cadela abandonada e re- educada no albergue para converterse en cadela de terapia. Tamén realizarán un exercicio matemático onde os alumnos e alumnas descubrirán que os cachorros que pode ter unha cadela cada dous anos exceden os cincocentos.

    Pero si a charla no Asorey tivo unha protagonista de excepción, esa foi Bella, a cadela de terapia que, por estar adestrada para non facer ruído ladrando, non quixo facer declaracións, pese a que o intentamos…

    Dende a experiencia na Protectora e no albergue, Olga Costa asegura que as novas xeracións son moito mais conscientes cas de antes, da necesidade de respectar aos animais, coma seres vivos que son, por iso aposta e traballa con cativos e xuventude, que á súa vez, conciencian aos maiores.

    O luns recibirán a charla alumnos, alumnas e profesorado do Intituto Ramón Cabanillas e despois realizaranse nos colexios de Cambados.

    Redacción Salnés