Un susto con final feliz

    VILAGARCÍA> Unha historia que puido ser a dun roubo en Vilagarcía, rematou cun final feliz. Por mor dun despiste, unha veciña da vila deixou o coche aberto coas chaves postas na porta. Unha aparcacoches deuse de conta, pechou o automóbil e fixo que as chaves volveran á súa lexítima dona.

     

    As presas estiveron a punto de xogarlle unha mala pasada a Fátima.

    Pero o que puido rematar nun desgusto quedou finalmente nun susto grazas a esta muller. Maria José, aparcacoches en Fexdega, deuse de conta do despiste.

    Na nota deixou o seu número de contacto, que lles permitiu quedar ao día seguinte para que Fátima recuperara as chaves.

    Un xesto que Fátima agradeceu entregándolle un agasallo no momento da recollida das chaves.

    Segundo María José non é a primeira vez que se gaña o agradecemento dos condutores que aparcan en Fexdega. E é que ela segura que, baixo a súa vixilancia, os vehículos están seguros.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/07/gorrilla_fexdega.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/07/gorrilla_fexdega.mp4{/flowplayer}