Meaño acollerá adestramentos especias para porteiros durante a Semana Santa

Pontevedra> Os vindeiros 26,27 e 28 de marzo o campo de fútbol de Meaño acollerá o Clinic, un adestramento intensivo para porteiros de todas as categorías. Os interesados en inscribirse poden facelo dende xa a través da web solo porteros. O obxectivo desta iniciativa e que os porteiros desfruten e consigan ferramentas necesarias para poder realizar un bo adestramento e traballo no seu equipo.

Dar as ferramentas necesarias aos porteiros para que logo poidan utilizar no seu día a día nos seus adestramentos do seu equipo e nos partidos semanais, ese é o obxectivo principal que busca o Clinic, un adestramento intensivo para poteiros que se celebrará os días 23,27 e 28 de marzo no campo de fútbol de Meaño.

Unha cita á que poden asistir porteiros e todas as idades e de todas as partes de Galicia, os interesados en inscribirse deberán facelo na web de solo porteros. O horario será de 10:00 a 13:30 e o prezo de inscrición de 65 euros por persoa. Dende a organización convidan a todo o mundo a gozar desta iniciativa.

Coa deste 2018 sería seis as edicións que por Semana Santa se realizan desta iniciativa. Dende a organización convidan a todos os porteiros a que desfruten destes adestramentos especiais durante os primeiros días da Semana Santa.