A Lotaría de Nadal deixa case 16 millóns de euros na Illa de Arousa

A ILLA> Os cuartos premios da Lotaría de Nadal sorriron á Illa de Arousa. O 91179 repartiu case 16 millóns de euros no concello. Ademais, a administración da travesía Cruceiro vendeu tamén  unha serie do outro cuarto: o 42833.

Abrazos, choros, pero sobre todo moita a alegría. A champaña voou na Illa de Arousa tras o sorteo da lotaría de nadal. A fortuna visitou o concello insular e por partida dobre, os dous cuartos premios se venderon na Illa de Arousa deixando na vila máis de 16 millóns de euros.

Dos dous premios vendéronse máis de 80 series. Un deles a través das rifas para a excursión de fin de curso do IES Illa de Arousa, o que fai que o premio estea totalmente repartido.

Teresa Barreiro, Linuca Dios e Begoña Santiago foron as que repartiron a lotaría de nadal do IES Torre da Illa, deixando unha millonada para gran parte da veciñanza da vila.

Tanto as organizadoras da excursión como o loteiro mostraron a súa ledicia porque o premio tocase tan repartido.

E despois de repartir tantos millóns, os mozos e mozas do instituto da Illa gañáronse a súa excursión, agora só falta que a situación acompañe.

Os escolares venderon preto de 80 talonarios, o que supón un total de 4 mil papeletas, cada unha delas premiada con 4 mil euros. Unha choiva de millóns moi repartidos para a Illa de Arousa, o que fará que as celebracións continúen durante días e que este sexa un gran nadal para a vila.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí