Os veciños afectados por Megasa continúan ca súa rolda de xuntanzas

    megasa_100.jpgVILAGARCÍA >  Varios membros da comisión de veciños de afectados por Megasa acudiron esta tarde a entrevistarse

    … cos representantes comarcais e locais do BNG.

     Esta xuntanza é unha máis da súa rolda de entrevistas cos distintos partidos políticos, asociacións e organizacións deste Concello, para intentar conseguir un consenso social respecto a problemática que lles afecta. Con esta reunión, os veciños conseguiron o dos nacionalistas para que voten a favor dunha moción relativa a este asunto que se levará ante o pleno municipal vilagarcián. Unha tónica de aceptación que se está a repetir en todas as xuntas que realizaron ate o de agora.

    Nestas reunións os veciños reafírmanse nas súas dúas reivindicacións: a primeira delas que cesen de xeito inmediato as emisións de gases nocivos. O segundo dos seus obxectivos é que se traslade a empresa a outro lugar lonxe do centro urbán. Estes veciños pensan que co cambio de ubicación da empresa se acadaría unha confluencia de beneficios; a empresa conseguiría máis espazo para expandirse, os empregados traballarían nunhas instalacións máis axeitadas e modernas, e a veciñanza libraríase dos efectos nocivos da súa producción.

     A maiores, os veciños reclaman que o goberno galego comece a elaborar canto antes, un estudio epidemiolóxico; para coñecer o alcance real destas emisións e os seus efectos sobre o medio ambiente e a súa saúde.

    Redacción Salnés.