SANXENXO> Portonovo resiste e mantén a súa frota amarrada, malia que o paro no sector quedou desconvocado. Din que non se fían das promesas do Ministro de Pesca. Cren que Luis Plana o único que fixo na reunión co sector foi gañar tempo, ao pospoñer para o vindeiro martes o anuncio das medidas concretas. Sospeitan que a bonificación dos carburantes comprometida polo goberno central acabará sendo ‘unha miseria’.
Así están as embarcacións en Portonovo: amarradas a porto. A Federación Nacional de Confrarías de Pescadores decidiu darlle un voto de confianza ao Ministro de Pesca e desconvoca-lo paro. Pero aquí non acaban de cre-las promesas de Luis Planas e manteñen o pulso.
Porque non será ata o vindeiro martes cando se poñan sobre a mesa as medidas concretar para palia-la suba dos carburantes. O patrón maior augura que esas bonificacións serán ‘unha miseria’. Cre que lles acabará pasando o mesmo que aos transportistas.
E indica que por riba de 0,60 céntimos o litro xéralles perdas. Agora mesmo está na contonra de 1,10.
Polo de agora, as 20 embarcacións de Portonovo, non poñen data para o remate do seu paro. Din que aínda que volvan ao traballo, os problemas van continuar.
Un barco do cerco, por exemplo, pode chegar a gastar uns 10.000 litros de gasóleo ao mes.