Grandes canteiras futbolísticas de España e Portugal no Trofeo Cidade de Vilagarcía

O campo da Lomba acollerá entre o 19 e o 21 de xuño a cuarta ediciónn do Torneo Cidade de Vilagarcía de fútbol 8. Este ano volve reunir grandes canteiras do balompé nacional e estranxeiro, e mesmo ven un equipo de Dubai.

A presentación do Torneo Cidade de Vilagarcía tivo un plantel de luxo, cun adestrador de campaíñas: o mítico Arsenio Iglesias. Abriu o xogo o presidente do Arosa, moi felicitado polo seu traballo. Logo dun par de pases, cedeulle a palabra ao director do torneo, que mantivo a posesión destacando os participantes
Dende o medio centro da mesa, tomou os galóns o presidente da Deputación de Pontevedra e da Federación Galega, que loubou a canteira.
Ante a ollada duns espectadores, que, normalmente, ocupan outras posicións no campo, o alcalde en funcións, Tomás Fole, explicou o que se fixo polo deporte vilagarcián, e deu un pase preciso para que o dianteiro centro desta convocatoria, rematase cun chisco de historia que soubo a gol.
A segunda parte deste partido xa será no campo, de aquí a dúas semanas, cos 42 equipos participantes.

 {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/04/torneo_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/04/torneo_futbol_vilagarcia.mp4{/flowplayer}