Polémica arbitral na segunda derrota do Rasoeiro

SALNÉS> Unha de cal e outra de area para o balonmán do Salnés. A boa nova deixounola o Asmubal Meaño, que gañou en partido de Copa Federación ó Porriño. Mentres o Rasoeiro perdeu pola mínima na Guarda nun encontro no que se víu perxudicado polos erros arbitrais.

O Rasoeiro segue sen saber o que é gañar. Segundo derrota para o cadro meco que caeu na Guarda (32-31) nun partido moi igualado e no que a actuación arbitral foi determinante.

Despois de ter estado por diante no electrónico durante moitos minutos, os de Óscar Arosa chegaron ó minuto final co marcador empatado e posesión para desfacer a igualada. Nese momento o pívot do Rasoeiro foi obxecto dunha falta que os colexiados non sinalaron. No seguinte ataque, na derradeira xogada, si que se daba validez a un tanto local pese a que o xogador guardés atopábase pisando a liña do area.

Enfado monumental no Rasoeiroque continúa na parte baixa da clasificación á espera de enfrontarse a semana que ven en Monte da Vila ó Cangas.

Mentres, en Copa Federación o Asmubal Meaño non tivo problemas para impoñerse en Porriño e fíxoo ademais de forma contundente. Nesta ocasión os de Pedro Pérez saíron máis centrados á cancha, non como a semana pasada fronte ó Baiona, e cun parcial inicial de 0-6 deixaron patente a súa superioridade. As vantaxes non pararon de medrar e colocáronse nos noves goles ó descanso (11-20).

Pese á reacción local nos primeiros compases do segundo tempo, a victoria nunca perigou e un novo tirón dos visitantes sentenciou o partido, colocando así o 26-39 tralos 60 minutos. Fernando, con sete tantos, foi o máis destacado en ataque.

Con este triunfo, o Asmubal Meaño pasa a liderar a clasificación do Grupo Sur.

Redacción Salnés