O concello anima ós vilagarciáns a compartir coche

    compartircoche copia.jpgVILAGARCÍA> A iniciativa se porá en marcha na web municipal, dende a que os interesados poderán buscar ó seu compañeiro de viaxe.

    {flowplayer}images/salnes/COMPARTIR_COCHE.flv{/flowplayer}

    Aforrar nos desprazamentos, diminuír o tráfico e,de paso, coidar o medio ambiente reducindo as emisións de CO2. Estes son os obxectivos do servizo Compartir coche, unha nova iniciativa do Plan de Accesibilidade e Mobilidade da concellería de Xestión do Territorio á que os vilagarciáns poderán acceder a través da web do concello sen ningún custo.

    O servizo comezará a funcionar en breve, segundo indicaron dende o concello. Nese momento, os interesados poderán acceder á web municipal, indicar o traxecto a realizar, o día e a hora. Será a través dun sistema de mensaxería interna como poidan contactar coa persoa coa que compartirán a viaxe. A pesares dalgunha desconfianza, a pé de rúa parece que a iniciativa tería boa acollida.

    Dende o concello, tamén se planea que o servizo Compartir Coche poida complementarse coa opción de compartir praza de garaxe por franxa horaria.

    Redacción Salnés