O concello recupera unha parcela situada no Polígono de Tremoedo

    parcela_tremoedocopy.jpgVILANOVA> Ata o de agora estaba a nome da empresa Suelo Industrial de Arosa, xa que nos anos 90, desde o concello lle cederan a parcela.

    {flowplayer}images/salnes/SENTENZA_PARCELA_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    O concello de Vilanova ven de facer público o contido da sentenza pola cal a parcela comercial de mil metros cadrados situada no Polígono de Tremoedo volve estar en mans da administración local.

    Fai uns seis anos comezou o concello o proceso xudicial para recuperala parcela, ata o de agora inscrita a nome da empresa Suelo Industrial de Arosa. Os feitos remóntanse ó ano 1991. Naquel momento o anterior alcalde asinou un convenio con dita sociedade polo que lle cedían o terreo a cambio de que construísen un edificio con baixo e dúas plantas, e onde unha delas tiña que ser cedida ó concello.

    Finalmente dito acordo non se cumpriu pero a parcela seguía estando rexistrada a nome de Suelo Industrial de Arosa, empresa xa desaparecida. Agora, o alcalde, Gonzalo Durán, informou que, despois de tanto tempo, a parcela está de novo en mans do concello.

    Trátase dunha parcela que, segundo destacou o alcalde, ten un valor aproximado duns cento vinte mil euros. En canto ó uso que o concello vai facer deste terreo, Durán adiantou que polo momento non teñen decidido a que o van dedicar. O que si é certo, dixo, que coa súa recuperación se incrementou o patrimonio dos veciños.

    Nestes momentos, unhas trinta empresas operan neste Polígono de Tremoedo.

    Redacción Salnés