Complícaselle a situación ó Interrías tras perder en Baltar

BALTAR> Os de Ramón López seguen sen acadar a vitoria e a situación complícaselle cada vez máis. Ó final 4-5 nun partido moi igualado contra o Muebles Coloto.

{flowplayer}images/salnes/FUTBOL_SALA.flv{/flowplayer}

Conscientes de que precisaban un vitoria case coma auga de maio os homes de Ramiro López saíron a por todas. Deixaron claro dende o principio que querían gañar, e fixeron un partido co que dende logo ben o poderían ter conseguido. Xogadas ó primeiro toque, chegadas a portería, e ocasións claras que ó final tiveron que quedar en iso, en ocasións.

O seu rival o Muebles Caloto, soubo moi ben complicarlle a situación ó Interrías. Entre outras cousas cunha boa actuación do seu gardameta. Que dificultou a xa de por sí pouco efectiva puntería dos locais. E é que foi ese principalmente o seu problema, os tiros a porta, pois dos máis de 20 remates que chegaron a facer os de Ramiro só puideron materializar 4. Dos locais destacaron Lito e Pedro cun moi bo partido sen esquecer a Manolete que aguantou o tirón a pesar dunha pequena lesión de menisco.

Con todo, o adestrador contento co xogo que fixo o seu conxunto confía en que os resultados comecen a reflectir a realidade dos partidos. Non hai que esquecer que son un equipo moi xoven e ás veces a experiencia do rival pasa factura.

Malia a mala situación na que se atopan, o equipo sabe que teñen que seguir traballando e ganas non lle faltan. O vindeiro fin de semana agárdalles un encontro complicado visitan o pavillón do Narón, colíder na clasificación xeral e dende logo non llo van poñer fácil. O fundamental é controlar os nervos para tratar de abandoar os últimos postos da táboa e a sombra do descenso.

Redacción Salnés