A suba de case un 10% na factura da luz indigna a pé de rúa

    luz copia100.jpgSALNÉS> A partires de xaneiro, os usuarios deberán pagar case un 10% máis ó mes, o maior incremento que neste servizo dende 1997.

    {flowplayer}images/salnes/SUBA_FACTURA_LUZ.flv{/flowplayer}

    4 euros e medio ó mes e ata 50 euros ó ano é a media da suba que terán que afrontar os usuarios na súa factura da luz a partires do mes de xaneiro. O incremento aprobado onte polo goberno central afectará ós usuarios con menos de dez kilovatios de potencia contratada, e pasa a ser a maior suba neste servizo dende que se iniciou o proceso de liberalización do sector no 1997.

    Esta impopular medida ven xustificada pola necesidade de corrixir o abultado déficit de tarifa, que este ano acadará os 20 mil millóns de euros e que se ven acumulando dende o ano 2000. As eléctricas son as encargadas de adiantar estes cartos, que o goberno terá que devolver antes do 2014. De aí que a suba busque evitar que a débeda continúe medrando. Pero a pé de rúa, o que de verdade preocupa é como afectará este incremento no contexto de crise.

    O gas tamén verá incrementar a súa tarificación. O servizo encarécese un 3,9% para 6,5 millóns de consumidores, que abonarán 20 euros a maiores durante o 2011.

    Redacción Salnés