As obras en O Couto rematarán a semana que ven

    CAMBADOS> A demanda dos veciños de O Couto en Cambados xa é unha realidade. Este venres o edil cambadés Xosé Ramón Abal visitaba a obra que se está a levar nesta parroquia e comprobaba in situ como avanzan os traballos. En O Couto, no concello de Cambados, viñan arrastrando dende hai uns cinco anos un problema de canalización de augas pluviais. Nun dos tramos finais desta estrada a auga transcorría polo medio, e no inverno anegaba unha decena de fincas de veciños da zona, a planta baixa dunha casa, e ata un galpón. Uns problemas que denunciaban hai uns días os veciños, e que na actualidade estáselle poñendo solución, como afirmou o edil Xosé Ramón Abal. Unha obra executada en dúas fases, das cales a primeira foi asumida pola Deputación de Pontevedra, e a segunda polo concello de Cambados. O prazo de execución destas obras é duns 15 días, xa levan toda a semana traballando, e que a semana que ven rematen. O custe desta obra é de máis de 20.000 euros, asumido entre as dúas administracións; a local e a provincial. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/24/saneamento_couto_cambados_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/24/saneamento_couto_cambados.mp4{/flowplayer}