A Deputación pedirá a Patrimonio ampliar o BIC a todo o xacemento da Lanzada

SANXENXO>  Noticia importante para o noso patrimonio. Vanse retomar as excavacións no xacamento da Lanzada. Anunciouno esta mañá o presidente da Deputación de Pontevedra que tamén avanzou que se vai musealizar a zona. Ademais, o goberno provincial vai solicitar á Xunta a ampliación da zona BIC a toda a península da Lanzada. Ata o de agora o ben de interese cultural limítase á zona da capela. Ademais, o concello de Sanxenxo vai lanzar un concurso de ideas para a renaturalización de toda esa contorna.

Os arqueólogos volverán traballar no xacemento da Lanzada. Esta mañá o presidente da Deputación de Pontevedra anunciou novas escavacións neste enclave sanxenxino. O proxecto inclúe tamén tarefas de mantemento na parte xa descuberta.

O proxecto conta cun orzamento de case 400.000 euros. Inclúe tamén a musealización das estruturas.

Ademais, o presidente provincial avanzou que a Deputación vai solicitar á Xunta a ampliación do BIC ao conxunto de toda a península da Lanzada.

Pola súa banda, o alcalde indicou tamén que o concello vai lanzar un concurso de ideas para a renaturalización de toda esta contorna.

Para ese concurso de ideas, matizou Telmo Martín, é precisa a colabaración de todas as administracións: concello, Deputación, Xunta e tamén goberno do Estado.