O TSXG revisa este mes a condena por asasinato de Jaime Maiz

    jaime_maiz_100copia.jpgCAMBADOS> A defensa do ex Garda Civil pide a libre absolución. Mantén que non houbo alevosía na morte de Mari Luz Posse e que actuaba baixo os efectos do alcohol.

    {flowplayer}images/salnes/XUIZO_MAIZ.flv{/flowplayer}
    O pasado mes de xuño sentaba no banco dos acusados o ex Garda Civil de Cambados Jaime Maiz para someterse a un xuízo pola morte de Mari Luz Posse. Nun dos procesos máis mediáticos que se lembran na Audiencia Provincial de Pontevedra, o xurado popular resolveu condenar ó home a 19 anos de cárcere por ter asasinado á súa ex parella dun tiro na cabeza cando estaba a punto de denuncialo no cuartel da Garda Civil. A defensa presentou entón un recurso de apelación da sentencia no que solicita a libre absolución de Maiz. Nel alega os mesmos argumentos que sostivo durante o xuízo: que o seu cliente estaba en estado de shock, que non planificou con anterioridade o asasinato e que actuaba baixo os efectos do alcohol. Atenuantes que xa no seu día rexeitou a familia da vítima.
    A vista de apelación terá lugar na Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o vindeiro 23 de novembro ás once da mañá. Mentres Jaime Maiz cumpre a súa condea no cárcere de A Lama.
    Redacción Salnés