Os institutos do Salnés celebran o Día da Ciencia en Galego

    DIA_CIENCIA_GALEGOcopy.jpgCAMBADOS> Alumnos do IES Asorey fixeron varias actividades diante do concello para mostrar que as ciencias se poden impartir en galego.

    {flowplayer}images/salnes/DIA_CIENCIA_GALEGO.flv{/flowplayer}

    A construción dun sistema solar, figuras xeométricas ou xogos con números foron algunha das actividades que os estudantes da comarca desenvolveron foras da aulas. O obxectivo era demostrar que as ciencias si se poden impartir en galego.

    Esta xornada foi impulsada polas asociacións de profesores de ciencias, matemáticas e tecnoloxía de Galicia xunto ós equipos de normalización e dinamización lingüística.

    En Cambados, a actividade distribuíuse en tres xogos: a creación dun sistema solar a escala, a medición de altura de obxectos e a descrición dun experimento para demostrar a esfericidade da atmosfera.

    Foron un total de cento dez rapaces do instituto Asorey os que participaron na xornada que se desenvolveu na Praza do Concello. Para eles toda unha experiencia.

    Os institutos de Vilagarcía, Vilanova de Arousa ou Barro tamén saíron á rúa para celebrar este día da ciencia en galego.

    Redacción Salnés