Segunda concentración pola readmisión da traballadora de Vertifil

    Vertifil_celtic copia100.jpgMORAÑA> O sindicato denunciou o despido doutro traballador  por estar presente na concentración da semana pasada.

    {flowplayer}images/salnes/CONCENTRACION_VERTIFIL.flv{/flowplayer}

    Consignas como “Non ós despidos, readmisión” son as empregadas polo comité de empresa encabezado pola CIG para reclamar a readmisión da traballadora de Vertifil despedida. Hoxe, a concentración trasladouse ata esta fábrica da compañía, Celtic Estores, para aproveitar a presenza do xerente.

    A directiva da empresa reuniuse esta mañá na factoría que a firma ten no polígono de Afieiras, en Moraña, para a sinatura dun convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. A presenza dos responsables da fábrica animou a segunda concentración, despois de que a reunión de onte entre o comité e a empresa non dese resultados.

    A pesares das protestas, a CIG tamén anunciou hoxe un novo despido en condicións semellantes ó que está provocando todas as mobilizacións actuais. Neste caso, o traballador foi visto na concentración que a semana pasada se celebrou ante a empresa de Vertifil, no polígono de Mirallos. Unha situación que, segundo a CIG, empeza a provocar medo entre a plantilla.

    O sindicato anunciou que manterán as mobilizacións e, de non chegar a un acordo, levarán adiante a demanda presentada a semana pasada no xulgado do social.

    Redacción Salnés