O pleno aproba o Plan Especial para a construción do centro de día

    planespecial copia100.jpgO GROVE> Este proxecto se afasta da intención inicial, que pasaba por instalar nesa parcela un centro de día e un centro de saúde.

    {flowplayer}images/salnes/PLAN_ESPECIAL_PLENO_GROVE.flv{/flowplayer}

    Segundo o alcalde meco, a decisión de optar pola construción dun centro de día ven determinada pola falta de apoio da Xunta de Galicia. Cacabelos asegurou que o goberno autonómico non quixo continuar as negociacións iniciadas durante o mandato do bipartito para dotar o Grove dun novo centro de saúde, unha postura que se viu ó non contemplar unha partida nos orzamentos do 2011 retirando os dous millóns de euros recollidos na do 2010.

    As explicacións non convenceron á oposición, e lentitude e deixadez foron os adxectivos máis repetidos para describir a xestión do actual goberno local. Unha lentitude que, segundo Xan Lamelas, provocou a retirada da inversión autonómica para o centro de saúde.

    A pesares das críticas, o goberno local conseguiu sacar adiante o plan especial cos votos a favor de Esquerda Unida e Alternativa Meca e a abstención do Partido Popular. Sen embargo, toda a oposición insistiu na necesidade dun centro de saúde para O Grove.

    O concello asegurou que hoxe mesmo comezaría os trámites para a construción dun centro de día.

    Redacción Salnés