Meis celebrará a feira do Galo de corral con todas as medidas sanitarias

MEIS> As restricións non impiden a celebración da feira do galo de Meis. O concello preparará o recinto para adaptarse ás medidas anti covid. 11 criadoras expoñerán máis de 120 polos e como os últimos anos, agardan que se vendan todos.

A feira do galo de Meis sobrevive á covid 19. O mercado volverá situarse na Praza de España e 11 criadoras exporán os seus galos. Para que poida levarse a cabo, o goberno local instalará unha carpa e adaptará a praza para cumprir coas medidas anti covid.

Dende a vila non quixeron deixar pasar a oportunidade de celebrar un mercado que pon en valor un produto tradicional e de gran calidade en Meis.

As criadoras dubidaban de que a feira puidese celebrarse. Para elas, a posibilidade de poder expoñer o seu produto ante os clientes, é unha gran oportunidade.

Cada criadora exporá nos seus postos entre 8 e 10 galos, dependendo da demanda  que teñan. O que agardan é, ao igual que os últimos dous anos, vendelos todos.

Os galos de Meis atópanse en bo estado e esquivan as enfermidades avícolas que estanse a dar noutros concellos. Os interesados en mercar o galo de Meis poderán achegarse á praza de España da vila o día 22 de decembro durante toda a mañá.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí