O temporal non deixa incidencias relevantes nas Rías Baixas

    TEMPORAL copia100.jpgSALNÉS> Para mañá, as predicións anuncian ventos de forza sete para a zona e un forte temporal de mar. A Xunta activará a alerta vermella.

    {flowplayer}images/salnes/TEMPORAL_0811.flv{/flowplayer}

    No Salnés, a pesares de que para a xornada de hoxe a Xunta activara a alerta laranxa, o temporal non se deixou notar con moita forza. Unha situación que está a cambiar a estas horas da tarde. Para mañá, activarase a alerta vermella, polo que os servizos de emerxencias aconsellan extremar as medidas de protección para evitar accidentes.

    Non aproximarse a diques para previr posibles golpes de mar, evitar andamios e grúas ou circular no coche coas luces prendidas durante todo o día, son algunhas das recomendacións das autoridades. Na xornada de hoxe, o temporal de ventos fortes e chuvias intermitentes non deixou incidencias relevantes nas Rías Baixas, e incluso en Vilaxoán as mariscadoras saíron a faenar.

    Para mañá, o temporal empeora. As predicións auguran ventos de forza 7 para a zona, unha situación que será máis dura no mar, con olas que poderán acadar os 9 ou 10 metros de altura. O temporal se prolongará durante toda a xornada de mañá, sen embargo espérase que a situación comece a mellorar a partires das 6 da tarde.

    Redacción Salnés